Monday 06 de May de 2024

O Curso de Formación en Micoloxía Aplicada de Lousame rematou cunha saída ao monte e unha sesión práctica de cociña micolóxica


Un total de 35 persoas, procedentes de distintos municipios da comarca, participaron no Curso de Formación en Micoloxía Aplicada, organizado polo Concello de Lousame e Hifas da Terra. Tras dúas sesións teóricas de introdución á micoloxía e á micorrización, a bióloga María Monteagudo guiou ao alumnado polos montes de Lousame para unha sesión sobre micorrización no monte e ensinoulles varias receitas para cociñar os cogomelos.